MR536A- AXUDAS PARA O FOMENTO DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS.

Prazo: 28/12/2016 -27/01/2017.

Prazo de resolución: 5 meses.

A presente subvención ten por obxecto a concesión das axudas da Consellería do Medio Rural destinadas ás organizacións ou asociacións de gandeiros recoñecidas pola Comunidade Autónoma de Galicia, para o fomento das razas autóctonas galegas.

As presentes axudas, tramitadas en réxime de concorrencia competitiva, teñen como finalidade:

  • O aumento da rendibilidade das explotacións gandeiras galegas, da súa viabilidade e do nivel de vida dos gandeiros.
  • A modernización do sector gandeiro galego en materia de xenética, sanidade e produción animal.
  • A mellora da eficiencia dos sistemas produtivos agrarios e das calidades nas súas producións.
  • A optimización na utilización das oportunidades e recursos dispoñibles.

Actuacións obxecto da subvencións:

Axudas unicamente poderán ser concedidas ás actividades emprendidas ou realizadas con posterioridade á prestación da solicitude, que deberá axustarse ao prazo establecido nesta convocatoria.

As actividades subvencionables que realizarán as entidades beneficiarias, desde a presentación das solicitudes serán:

Creación e mantemento de libros xenealóxicos. Os conceptos subvencionables serán os gastos derivados da dita actividade, incluídos os do local ou oficinas, ordenadores e material informático e o seu mantemento ou actualización, adquisición en material de oficina non inventariable e contratación e gastos de persoal técnico e administrativo.

As que deriven do desenvolvemento do programa de mellora oficialmente recoñecido para a raza, no cal se recollerán as actividades destinadas á súa conservación in situ, así como a creación e mantemento de bancos de sermoplasma en centros autorizados oficialmente e as probas destinadas a determinar a calidade xenética ou o rendemento do gando. As axudas irán dirixidas a sufragar os gastos relativos á implantación e desenvolvemento dos programas de mellora oficialmente aprobados e os controis de rendementos para a realización das avaliacións xenéticas dos animais e os programas de difusión da mellora.

O imposto sobre IVE non será subvencionables, salvo cando sexa recuperable para o beneficiarios.

Os beneficiarios serán organizacións ou asociacións de criadores das razas autóctonas galegas, recoñecidas pola comunidade autónoma.

REQUISTOS:

Carecer de ánimo de lucro.

Estar oficialmente recoñecidas para a xestión do libro ou libros xenealóxicos da raza ou razas autóctonas españolas pola comunidade autónoma galega.

No caso de que existan varias asociacións recoñecidas para una mesma raza, xa sexa na mesma comunidade autónoma ou en distintas comunidades autónomas, deberán estar integradas nunha única asociación de segundo grado, segundo establece o artigo 13.1 do Real Decreto, polo que se establece o Programa nacional de conservación, mellora e fomento das razas gandeiras, para poderen acceder a estas axudas, debendo ser a dita asociación de segundo grado a solicitante das axudas.

Cumprir os requisitos esixidos polos artigos 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, do 17 de Novembro, xeral de subvencións e, se é o caso, o recollido nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 xuño, de subvencións de Galicia.

Cumprir coas abrigas previstas no artigo 11 do Real Decreto 2129/2008 do 26 de Decembro.

Ter a condición de PEME de acordo co establecido no anexo I do regulamento (UE) NÚM. 702/2014 da Comisión do 25 de xuño de 2014, definición que se inclúe no anexo II desta Orde.

Non ter consideración de empresa en crise (Comunicación 2014/C249/01 da Comisión, do 31 de Xullo de  2014).

Non estar suxeitos a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.

Así mesmo, os requisitos nas letras d) f) g) e h) tamén deberán ser cumpridos polas explotacións gandeiras en que se realicen as actividades subvencionables.

BASES REGULADORAS:

Orde de 19 Decembro de 2016 pola que se establecen as bases que regulan a concesión das axudas para o fomento das razas autóctonas galegas e se convocan para o ano 2017 (DOG Nº 246 do 27 de decembro de 2016).

 

 

Utilizamos cookies propias y de terceros para fines analíticos. Puede aceptar las cookies haciendo clic en el botón Acepto o configurarlas o rechazar su uso haciendo clic en la Política de cookies    Configurar
Privacidad