PROGRAMA DE AXUDAS A PERSOAS TRABALLADORAS AUTONÓNOMAS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADAS.

Programa II. Programación de axudas a persoas traballadores autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas (procedemento TR349F).

Obxecto: Á Convocatoria para o ano 2018 dos incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.

Prazo dende o 27 Xaneiro 2018 ata 27 de marzo de 2018

Beneficiarias:

  1. Pola primeira contratación que se realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade.
  2. Ou ben a segunda ou terceira na contratación que se realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.
  3. Non poderán ser beneficiarias nin as sociedades civís, nin as comunidades de bens, nin as persoas sociais ou comuneiros que integran nin os autónomos colaboradores.

Requisitos:

  1. Contratación indefinidas iniciais que realicen as persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con persoas desempregadas para prestar servizo.
  2. A primeira contratación indefinida inicial pola que se solicita subvención deberá formalizarse durante o primeiro ano de actividades. A segunda e a terceira ata o terceiro ano de actividade (serán subvencionables sempre e cando con anterioridade a formalización do contrato non se realizasen dúas o mais contratación agás que estes contratos indefinidos anteriores se extinguisen por dimisión, morte, xubilación. Obrigación de mantelo durante dous anos contratado.

Contía:

Primeira contratación: 3000€ cando se trata dunha persoa desempregada.

Ou 5000€ cando a persoa desempregada se atope en:

  • Persoas desempregadas de longa duración.
  • Persoas con discapacidades.
  • Persoas en situación de exclusión social.

Segunda e terceira persoa traballadora indefinida:

Esta axuda será de 7000 € cando a persoa desempregada se atope nalg´n das seguintes colectivos NON ACUMULABLES:

  • Persoa desempregada de longa duración.
  • Persoa con discapacidade.
  • Persoa en situación ou risco de exclusión social.

Incrementándose un 25%:

Se se incorpora unha muller.

Centro de traballo nun concello rural.

Persoas maiores de 45 anos.

 

De este xeito a primeira contratación indefinida a contía poderá ser de ata 10.000€.

Para a segunda ou terceira a contía poderá ser de ata: 14.000€

 

 

 

Utilizamos cookies propias y de terceros para fines analíticos. Puede aceptar las cookies haciendo clic en el botón Acepto o configurarlas o rechazar su uso haciendo clic en la Política de cookies    Configurar
Privacidad