PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTONOMO

No día de hoxe , publicase no DOGA a subvención de promoción do emprego autónomo.

A continuacuón faise unha breve explicación desta subvención:

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA.

Programa I. Promoción de Emprego autónomo (procedemento TR 341D).

Réxime mínimis.

Convocatoria 2018.

Finalidade: Deste programa é a concesión dunha axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional de Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia.

Solicitudes: 27-01-2018 ata 30-09-2018.

Beneficiosas:

  1. Altas comprendidas entre: 1 Outubro 2017 e o 30 de Setembro 2018.
  2. Estar inscritos como demandante de emprego.
  3. Alta na mutua ou na SS.
  4. Desenvolver actividade empresarial ou profesional en Galicia.

Contía:

  1. 2000 € para persoas desempregadas en xeral.
  2. 4000 € para persoas desempregadas con algún distes requisitos:
    1. Persoas menores 30 anos.
    2. Persoas desempregadas de longa duración.
    3. Persoas desempregadas con discapacidades.
    4. Persoas que se atopan en situación ou risco de exclusión social.

Incrementándose nun 25 % sempre e cando:

  1. Si se incorpora unha muller.
  2. Centro de traballo situado no concello rural.
  3. Persoas maiores de 45 anos.
  4. Persoa incorporada é un emigrante retornado.
  5. Ata 8000€.

Manter a alta no RETA ou mutualidade durante un tempo mínimo de dous anos se se concede a subvención polo establecemento como persoa traballadora autónomo ou por conta propia.