REFORMA 17 ATA O 30 DE NOVEMBRO.

Un ano mais a Xunta de Galicia aproba o Plan Reforma 17. Que ten as seguintes caracteristicas:

¿EN QUE CONSISTEN AS AXUDAS DO REFORMA17?
Son axudas do IGAPE a particulares para a compra de materiais ou mobiliario de cociña e/ou baño, para a reforma do seu fogar en Galicia, que ademais se complementarán con un desconto do propio establecemento de venta de Galicia que se adhira a esta convocatoria.

As axudas solicítanse directamente nun establecemento adherido. O prazo para solicitar as axudas comezará o 11 de outubro. Pode consultar nesta páxina os establecementos adheridos.

A compra mínima é de 1.000 euros (sen impostos) e pódense comprar: materiais de construción e para rehabilitación de cociñas e baños (azulexos, baldosas, …) ou pezas de mobiliario de cociña ou baño, quedando excluídos a man de obra; os electrodomésticos; as ventás e os seus marcos; portas de paso e os seus marcos; estufas e cociñas de gas, leña, pellets ou similares e radiadores de calquera tipo; cortinas e estores.

A compra máxima subvencionable é de 5.000 euros (sen impostos) en unha ou varias veces.

A axuda do IGAPE é dun 20% do importe de compra calculado antes de impostos (co límite de 1.000 €). Adicionalmente a tenda que colabora no programa realiza un desconto do mesmo importe.

Pode pedilas calquera persoa maior de idade que acredite a súa vinculación con un domicilio en Galicia (propietario ou inquilino). Só unha persoa por domicilio e co límite de 1.000€ de subvención por persoa física nunha ou varias compras.

Se vostede é un particular interesado en adquirir materiais ou mobiliario de cociña e/ou baño para a reforma do seu fogar en Galicia, o seu interlocutor será un establecemento de venda que colabore co IGAPE na tramitación do Progama, que estarán debidamente identificados mediante o cartel “Establecemento Adherido”.

O prazo?
O prazo foi ampliado no día de onte, tal e como aparece no DOGA (boletín oficial de Galicia) . Podendo presentarse solicitudes ara o 30 de Novembro e xustificando as reformas ata o 7 de Decembro de 2017.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20171115/AnuncioO92-081117-0001_gl.html

 

Información de interese:
1. Teléfono de información: 900 81 51 51