CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS EN ESPECIE PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA COMEDORES ESCOLARES.

Hoxe dia 30 de Abril de 2015, no Boletín Oficial Provincial de Ourense, núm 97, convocase a concesión de Axudas en especie para a adquisición de Libros de Texto e Material escolar para Comedores escolares.

O obxeto da convocatoria e a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva destinadas a unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo do Concello que teñan menores o seu cargo escolarizados en centros públicos ou concertados do Concello de Ourense.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Ourense ou mediante as demais formas previstas na Lei 30/1992.

O prazo da presentación de solicitudes será de 15 días hábiles a contar do dia seguinte á publicación desta convocatoria, por tanto, o prazo comeza, a contar o día dous de Maio e remata o 13 de Maio do 2015.

Utilizamos cookies propias y de terceros para fines analíticos. Puede aceptar las cookies haciendo clic en el botón Acepto o configurarlas o rechazar su uso haciendo clic en la Política de cookies    Configurar
Privacidad