INCENTIVOS PARA Á CONTRATACIÓN DA EMPRESA ORDINARIA.

Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras polas cales se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria das subvencións establecidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para o ano 2018 coa finalidade de facilitar a inserción laboral das persoas desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo, e favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade.
2. Por medio desta convocatoria as empresas que soliciten participar terán a posibilidade de obter axudas para a contratación e formación por conta allea (procedemento TR342A).
Prazo
Prazo de presentación:
03/02/2018 – 15/10/2018
¿ A quen vai dirixido?
1. Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.
No caso de sociedades civís, comunidades de bens e unións temporais de empresas, deberanse facer constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación. No suposto de unións temporais de empresas, cada empresa que forme parte desta unión deberá reunir os requisitos exixidos para acceder ás axudas.
Requisitos
Requisitos. Bono de contratación para incentivar a contratación indefinida inicial ou a temporal cunha duración mínima de doce meses:
1. A persoa traballadora por quen se solicita a subvención debe ser unha persoa desempregada, segundo o establecido no artigo 5 desta orde.
2. Como consecuencia da contratación inicial que se fomenta, tense que incrementar o emprego neto da empresa no ámbito territorial de Galicia, respecto aos tres meses anteriores ao mes de realización da contratación pola cal se solicita subvención.
3. Para o cálculo do incremento do cadro de persoal neto non se computarán as persoas traballadoras cuxas baixas se produzan por dimisión da persoa traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas, ou por resolución do contrato de traballo durante o período de proba.
Documentación para a presentación
• Documentación. Bono de contratación para incentivar a contratación indefinida inicial ou a temporal cunha duración mínima de doce meses:
• As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
o a) Cando se actúe mediante representación, esta atribución expresa acreditarase por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna. Deberase achegar declaración ante un notario ou secretario municipal e esta adquirirá a categoría de documento público; poderá ser substituída por declaración en comparecencia persoal do representado ante o órgano xestor.
o b) Informe de vida laboral dun código conta de cotización correspondente aos tres meses anteriores ao mes en que se realiza a contratación inicial, máis o correspondente ao mes en que se realiza a dita contratación.
o c) Declaración do cadro de persoal de todos os centros de traballo da empresa en Galicia nos tres meses anteriores ao mes de inicio da relación laboral da persoa traballadora contratada pola cal se solicita a subvención, anexo I-B. De ser o caso, TA2 de baixa das persoas traballadoras indefinidas contratadas que causaron baixa polas causas previstas no artigo 22.3 da orde de convocatoria.
o d) Relación nominal das persoas traballadoras polas cales se solicita subvención, onde se inclúan os custos salariais totais anuais de cada persoa traballadora pola cal se solicita subvención, anexo I-C, e a nómina do mes de contratación.
o e) Documentación acreditativa do colectivo polo cal se opta (para os casos de exclusión social ou discapacidade recoñecida fóra de Galicia).
o f) Comprobación de datos da persoa traballadora contratada, anexo I-D.
o g) Documentos xustificativos do nacemento en Galicia da persoa traballadora contratada e, ademais, no caso de alegar algunha relación de parentesco coa persoa nada en Galicia, documentación que acredite o vinculo con esta, no caso de solicitar o incremento de emigrante retornado.
o h) Certificado de emigrante retornado, expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno, baixa consular ou calquera outra documentación que acredite fidedignamente a residencia no exterior e a data de retorno a España, no caso de solicitar o incremento de emigrante retornado.
• Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
• a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante.
• b) NIF da empresa solicitante.
• c) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Seguridade Social.
• d) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
• e) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
• f) DNI ou NIE da persoa traballadora contratada.
• g) Certificado de discapacidade emitido pola Xunta de Galicia.
• h) Certificado de empadroamento, de ser o caso.
• i) Certificado de inscrición no Servizo Público de Emprego da persoa traballadora contratada.
• j) Informe da vida laboral da persoa traballadora contratada.
• k) Contratos de traballo.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberano indicar no cadro indicado no formulario de solicitude, como figura no anexo I-A e anexo I-D, e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
• As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
• Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente, sempre que a persoa interesada expresase o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos eses documentos. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderalle requirir á persoa interesada a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
• A documentación complementaria presentarase por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Utilizamos cookies propias y de terceros para fines analíticos. Puede aceptar las cookies haciendo clic en el botón Acepto o configurarlas o rechazar su uso haciendo clic en la Política de cookies    Configurar
Privacidad