PROGRAMA DE AXUDAS A PERSOAS TRABALLADORAS AUTONÓNOMAS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADAS.
Programa II. Programación de axudas a persoas traballadores autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas (procedemento TR349F).
Obxecto: Á Convocatoria para o ano 2018 dos incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.
Prazo dende o 27 Xaneiro 2018 ata 27 de marzo de 2018
Beneficiarias:
- Pola primeira contratación que se realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade.
- Ou ben a segunda ou terceira na contratación que se realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.
- Non poderán ser beneficiarias nin as sociedades civís, nin as comunidades de bens, nin as persoas sociais ou comuneiros que integran nin os autónomos colaboradores.
Requisitos:
- Contratación indefinidas iniciais que realicen as persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con persoas desempregadas para prestar servizo.
- A primeira contratación indefinida inicial pola que se solicita subvención deberá formalizarse durante o primeiro ano de actividades. A segunda e a terceira ata o terceiro ano de actividade (serán subvencionables sempre e cando con anterioridade a formalización do contrato non se realizasen dúas o mais contratación agás que estes contratos indefinidos anteriores se extinguisen por dimisión, morte, xubilación. Obrigación de mantelo durante dous anos contratado.
Contía:
Primeira contratación: 3000€ cando se trata dunha persoa desempregada.
Ou 5000€ cando a persoa desempregada se atope en:
- Persoas desempregadas de longa duración.
- Persoas con discapacidades.
- Persoas en situación de exclusión social.
Segunda e terceira persoa traballadora indefinida:
Esta axuda será de 7000 € cando a persoa desempregada se atope nalg´n das seguintes colectivos NON ACUMULABLES:
- Persoa desempregada de longa duración.
- Persoa con discapacidade.
- Persoa en situación ou risco de exclusión social.
Incrementándose un 25%:
Se se incorpora unha muller.
Centro de traballo nun concello rural.
Persoas maiores de 45 anos.
De este xeito a primeira contratación indefinida a contía poderá ser de ata 10.000€.
Para a segunda ou terceira a contía poderá ser de ata: 14.000€