SENTENZA QUE CORRESPONDE O TRABALLADOR A DISTRIBUCIÓN DA SÚA REDUCCIÓN DE XORNADA.

Hoxe traemos o comentario dunha sentenza recente e reveladora para conciliación da vida familiar e o traballo.

A sentenza da Sala do Social da Audiencia Nacional de 23 Marzo ratifica que os empregados con redución de xornada poden elixir como se distribúen dita xornada, estableceu que a concreción horaria de redución da xornada por garda legal e por motivos familiares debe facerse dentro da xornada ordinaria «diaria».

A Audiencia Nacional aplica na súa sentenza o artigo 37.6 do Estatuto dos traballadores, dende se establece que os convenios colectivos poderán establecer criterios para la concreción horaria da redución de xornada a que se refire o apartado 5.

Dita sentenza, se refire o caso concreto de una traballadora dunha empresa solicitou a empresa unha redución da xornada por coidado de fillos menores de 8 anos, pero que repartiu a redución de xornada de maneira que non traballa os fines de semana que lle correspondían a pesar de que o seu contrato de traballo establece a distribución da súa xornada semanal e de luns a domingo.

A empresa basandose no contrato de traballo e na reforma laboral denegou a traballadora a redución da xornada laboral, xa que o seu horario era de Luns a domingo.

En cambio a Sentenza que estamos a tratar, determina que en virtude do convenio colectivo firmado por a empresa e os representantes dos traballadores antes da súa entrada en vigor, a traballadora pode determinar a distribución da súa redución de horario dentro da súa xornada ordinaria, pero no necesariamente  da súa “ xornada ordinaria diaria” de tal maneira que pode traballar os fines de semana que lle correspondan.

A sentencia determina que o convenio firmado por a traballadora establece que tendrá dereito a redución da xornada de traballo e que a súa concreción horaria e a terminación do período de disfrute da mesma “corresponderá o traballador dentro da súa xornada ordinaria”.

Ademais a sentenza, recorda, que o Estatuto dos Traballadores indica que os convenios colectivos poderán establecer criterios para a concreción horaria da redución de xornada.

En caso de conflito, aplicarase a norma máis favorable para o empregado.

Por tanto, a sentenza, declara que o dereito dos traballadores a concreción horaria de redución da xornada por garda legal e por motivos familiares se disfrute “sen máis requisito ou limitacións” que as que aparezan contempladas nos convenios, e dicir, dentro da súa xornada ordinaria, y en consecuencia, sen que a empresa lle podan esixir que dito horario se realice obrigatoriamente dentro a súa xornada “diaria”.

Utilizamos cookies propias y de terceros para fines analíticos. Puede aceptar las cookies haciendo clic en el botón Acepto o configurarlas o rechazar su uso haciendo clic en la Política de cookies    Configurar
Privacidad