SUBVENCIONES DEL BOE DEL 23 DICIEMBRE PARA EL AÑO 2016

Consellería de Economía, Emprego e Industria

SUBVENCIÓN PRAZO OBXECTO BENEFICIARIOS
SUBVENCIÓNS ÁS ASOCIACIÓNS DE COMERCIANTES SEN FINS DE LUCRO PARA DINAMIZACIÓN DOS CENTROS COMERCIAIS ABERTOS E PRAZAS DE ABASTOS. 31/12/2015-

30/01/2016

Destinadas ao Desenvolvemento equilibrado dos centros comerciais abertos e prazas de abastos. ·        As asociación de vendedores das prazas de abastos.

·        As agrupacións de persoas físicas e xurídica, comunidades de bens constituídas como unidade xerencias e se desenvolva en Galicia.

·        Asociacións de comerciantes de carácter territorial, sen fins de lucro, constituídas en Galicia.

SUBVENCIÓN ÁS ASOCIACIÓNS DE COMERCIANTES SEN FINS DE LUCRO DE ÁMBITO SUPERIOR AO MUNICIPAL OU FEDERACIÓIN A TRAVÉS DO TÍCKET DE DINAMIZACIÓN COMERCIAL COA FINALIDADE DE REVITALIZAR O COMERCIO DE PROXIMIDADE E INCENTIVAR A DEMANDA COMERCIAL. 31/12/2015-

30/01/2016

Asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro, de ámbito superior o Municipal ou federacións, para a revitalización do comercio de proximidade e a incentivacións do consumo a través do tícket de dinamización comercial.

 

 

 

 

Asociacións de comerciantes sen animo de lucro que este constituídas e a súa actividade se desenvolva en Galicia.
BOLSAS DE FORMACIÓN NA DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO 31/12/2015-

30/01/2016

 

 

 

Aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de catro bolsas de formación na Consellería de Economía e Industria da Comunidade Autónoma de Galicia, na Dirección Xeral de Comercio, para as persoas tituladas que se especifican no anexo I, e proceder a súa convocatoria. Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos universitarios de licenciado/a ou de grao:

Ciencias Económicas e Empresariais, Dereito, Ciencias Políticas, Administración e Dirección de Empresas, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Dirección e Xestión Pública, Comercio e Márketing, Publicidade e Relacións Públicas ou equivalentes.

SUBVENCIÓNS PARA A MELLORA DA IMAXE, MODERNIZACIÓN, ESTABLECEMENTO DE NOVAS, FÓRMULAS E MEDIOS DE COMERCIALIZACIÓN NO SECTOR COMERCIANTE RETALLISTA E ARTESANAL GALEGO. 18/01/2016 –

18/02/2016

A concesión de subvencións para a mellora de imaxe, modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego. As persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, así como as federacións de comerciantes e as asociacións profesionais de artesáns.
SUBVENCIÓNS PARA FOMENTAR A REMUDA COMERCIAL. 31/12/2015 –

31/08/2016

Facilitar a remuda comercial dos pequenos comerciantes individuais autónomos que transmitan o seu negocio a un terceiro, asegurando a súa continuidade e fomentando a rexeneración do tecido comercial.

 

As comerciantes retallistas que teñan capacidade legal para exercer o comercio e se dediquen a el de xeito habitual, de acordo coa definición establecida no artigo 1 do Código de comercio.

Tamén se considerarán beneficiarios/as as persoas designadas polo solicitante para a remuda comercial, con capacidade legal para exercer o comercio, e quedan vinculadas ambas as dúas persoas para a concesión da subvención.

 

AXUDAS ENCAMIÑADAS Á HABILITACIÓN E MELLORA DE INFRAESTRUCTURAS DOS PARQUES EMPRESARIAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA. 20/01/2016 –

22/02/2016

A mellora dos servizos e o acondicionamento de infraestruturas existentes ou de nova incorporación co fin de que as empresas radicadas nos parques empresariais de Galicia poidan dispoñer de condicións máis competitivas para desenvolveren a súa actividade económica. Os proxectos que se subvencionen ao abeiro desta convocatoria deberán desenvolverse ao longo do ano 2016

 

Os concellos que realicen investimentos, dentro do seu ámbito territorial, de acordo co obxecto desta orde, para a habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais implantados no seu termo municipal ou nos termos municipais limítrofes. só poderán ser beneficiarios os concellos que cumprisen co deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio, de acordo co disposto no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro.

 

ACTUALIZADO:

PROGRAMA DE EMPREGO CON APOIO COMO MEDIDA DE FOMENTO DE EMPREGO DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE NO MERCADO ORDINARIO DE TRABALLO. 31/12/2015-

30/01/2016

Promover a integración laboral das persoas con discapacidade nas empresas ordinarias con centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria, para o ano 2016 das subvencións establecidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para a integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria.

As persoas destinatarias finais do Programa de emprego con apoio serán traballadores e traballadoras con discapacidade inscritos nos Servizos Públicos de Emprego como demandantes de emprego non ocupados, así como traballadores e traballadoras con discapacidade contratados por centros especiais de emprego, sempre que, en ambos os dous casos, se atopen nalgún dos supostos que se describen a continuación:

a) Persoas con parálise cerebral, persoas con enfermidade mental ou persoas con discapacidade intelectual cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.

 

b) Persoas con discapacidade física ou sensorial cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.

 

c) Persoas xordas e con discapacidade auditiva, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.

 

 

 SUBVENCIÓN PROGRAMA MIXTO DE EMPREGO E FORMACIÓN PARA A MOCIDADE.

 

31/12/2015-

01/03/2016

O fomento do emprego a través dos programas mixtos de emprego e formación (obradoiros de emprego), dirixidos a mellorar a ocupabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Os obradoiros de emprego configúranse como programas mixtos de emprego e formación que teñen por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas participantes mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación profesional para o emprego recibida, relacionada directamente con dito traballo, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral no mercado de traballo.

 

 

Mozas e mozos desempregados, de dezaoito ou máis anos e menores de vinte e cinco, ou menores de trinta no caso de persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, que estean inscritos no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, sen que se requira a súa inscrición como demandantes de emprego, de conformidade co disposto no artigo 90.1.a) da Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia.
SUBVENCIÓN PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL POLAS ENTIDADES LOCAIS DE PERSOAS EN SITUACIÓN OU RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL PERCEPTORAS DA RISGA. 31/12/2015-

01/03/2016

Establecemento das bases reguladoras polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria pública das axudas e subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de integración social de Galicia (Risga), co obxecto de proporcionarlles a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral, e a aprobación da súa convocatoria para o ano 2016.

 

Os concellos e as agrupacións de concellos baixo calquera fórmula, sempre que todos eles dispoñan de capacidade técnica e de xestión suficientes para a execución do obxecto para o que se concede a subvención.
SUBVENCIÓN PARA O FOMENTO DO EMPREGO E MELLORA DE EMPREGABILIDADE NO ÁMBITO DE COLABORACIÓN COAS ENTIDADES LOCAIS 31/12/2015-

01/03/2016

Establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria pública en réxime de concorrencia competitiva, das axudas e subvencións que están destinadas ao financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración coas entidades locais a través da contratación de persoas traballadoras desempregadas para a realización de obras ou servizos de interese xeral e, co obxecto de proporcionarlles a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral.

Os concellos e as mancomunidades de concellos, os consorcios locais e as entidades locais menores sempre que todos eles dispoñan de capacidade técnica e de xestión suficiente para a execución dos correspondentes proxectos.
AXUDA ECONÓMICA PARA O PAGAMENTO DE PARTE DA FACTURA ELÉCTRICA A TRAVÉS DO TICKET ELÉCTRICO SOCIAL DE GALICIA. 15/01/2016-

31/07/2016

Subvencionar parte da factura eléctrica ás unidades de convivencia con menores ou discapacitados cuxos ingresos totais da unidade de convivencia non supere 1,5 veces o IMPREM (9.585,19/ano)

As persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que convivan con menores de 18 anos ou discapacitados e teñan un gasto derivado do subministro de enerxía eléctrica na súa vivenda habitual.
PROGRAMA DE AXUDAS A PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADAS 31/12/2015-

30/09/2016

Fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2016 dos incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizada polas persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.

A contratación indefinida inicial poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial, incluida a modalidade de fixo descontinuo.

As persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade.

 

As persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.

PROGRAMA DE INCENTIVOS A CONTRATACIÓN INDEFINIDA INICIAL DE PERSOAS MOZAS INSCRITAS NO SISTEMA DE GARANTIA XUVENIL. 31/12/2015-

30/09/2016

Incentivar a contratación por conta allea que teñen por finalidade favorecer o Emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. As persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, sociedades civil e comunidades de bens, que contraten traballadores por conta allea para prestar servizos en centros de traballo de Galicia.
PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO DAS PERSOAS NOVAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL 31/12/2015-

30/09/2016

Establecer as bases reguladoras do programa de promoción do emprego autónomo de persoas novas desempregadas inscritas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e proceder a súa convocatoria para o ano 2016. As persoas novas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, e que desenvolvan fundamentalmente a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia.

Consellería de Política Social

SUBVENCIÓN PRAZO OBXECTO BENEFICIARIOS
PROGRAMAS DE AXUDAS ECONÓMICAS A TRAVÉS DA TARXETA BENVIDA PARA AS FAMILIAS CON FILLAS E FILLOS NADOS NO ANO 2016. Aberto todo o ano Establecer as bases polas cales se rexerá a concesión dunha axuda económica para as familias que no ano 2016 teñan un fillo/a ou adopten un neno ou nena menor dun ano. Aquelas persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan fillas ou fillos, por natureza como por adopción, nados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2016.

Consellería do medio rural

SUBVENCIÓN PRAZO OBXECTO BENEFICIARIOS
AXUDAS DE COMPENSACIÓNS COMPLEMENTARIAS EN EXPLOTACIÓNS DE GANDO BOVINO, OVINO E CABRÚN: PERÍODO DE BALEIRO. 31/12/2015-

30/11/2016

As axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos de inactividade nas explotacións de gando bovino, ovino e cabrún, rexistradas en Galicia, por motivo da vixilancia, loita, control ou erradicación de enfermidades destas especies, levados a cabo no marco de programas ou actuacións sanitarias oficiais.

 

As axudas para as compras de animais das especies bovina, ovina e cabrúa que teña por obxecto a reposición de efectivos, naquelas explotacións rexistradas en Galicia en que se ordenou o sacrificio de animais destas especies, despois do diagnóstico dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou e

rradicación.

Poderán ser beneficiarias das axudas de compensacións complementarias por lucro cesante, as persoas titulares(físicas e xurídicas) de explotacións bovinas, ovinas e cabrúas en que se sacrificase ou destruíse de forma preventiva a totalidade do seu censo, por motivos de sospeita e/ou confirmación da presenza dalgunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación.

 

Poderán ser beneficiarias das axudas para a compra de animais de reposición, as persoas titulares(físicas e xurídicas) de explotacións bovinas, ovinas e cabrúas, en que se ordenase o sacrificio obrigatorio de animais existentes nelas, e como consecuencia do diagnóstico dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación, así como as persoas titulares daquelas explotacións onde morresen ou se practicase a eutanasia de animais das ditas especies, por mor dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria de vixilancia, loita, control ou erradicación, ou por mor dun programa oficial obrigatorio de vacinación.

 

 

 

 

 

Instituto Galego da Vivenda e Solo

SUBVENCIÓN PRAZO OBXECTO BENEFICIARIOS
 

PROGRAMA ALUGA: AXUDA ÁS PERSOAS INQUILINAS.

 

 

Aberto todo o ano

 

Proceder á convocatoria para o ano 2016, en réxime de concorrencia non competitiva, de axudas para o financiamento parcial da renda do aluguer dos contratos de arrendamento formalizados no marco do programa Aluga, de conformidade co Decreto 84/2010 do 27 de maio, dirixidas ao colectivo de persoas afectadas por execucións hipotecarias, así como ás persoas inquilinas de contratos de arrendamento en vigor de vivendas incorporadas ao citado programa.

 

 

 

As persoas integrantes de unidades familiares ou de convivencia afectadas por execucións hipotecarias e que reúnan os requisitos e condicións sinalados no artigo 43.2 do Decreto 84/2010, do 27 de maio, así como aquelas outras que sexan titulares de contratos de arrendamento en vigor de vivendas incorporadas ao programa Aluga.

 

Para más información podeis poneros en contacto con nosotros.

Utilizamos cookies propias y de terceros para fines analíticos. Puede aceptar las cookies haciendo clic en el botón Acepto o configurarlas o rechazar su uso haciendo clic en la Política de cookies    Configurar
Privacidad